![]() |
Este mes, o Club de conversa en galego cambia a súa data habitual por un motivo moi especial. Temos a oportunidade de proxectar unha curta de animación dirixida por Antía Iglesias Iglesias, unha alumna da Escola, que participou na edición deste ano do OUFF. Está baseada nun conto do escritor galego Sechu Sende e trata o tema da lingua materna.
Convidámosvos a ver a curta o vindeiro mércores 19 de novembro ás 19.00 no Salón de Actos. Despois baixaremos á cociña para falar coa directora e tomar un cafeciño. Agardámosvos!

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario