1. Poderá participar todo o alumnado, profesorado e persoal non
docente da EOI.
2. O tema é “DESEXOS PARA O ANINOVO”.
3. A técnica e o deseño serán libres, pero as postais deberán incluír un
desexo ou unha mensaxe orixinal para o ano 2026 EN GALEGO (evitando
os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2026”, etc.).
4. Será condición indispensable que as postais sexan creacións orixinais e
inéditas.
5. A extensión mínima do texto serán 50 palabras.
6. As postais elaboraranse en tamaño A5 (148 x 210 mm) e entregaranse na Conserxería da EOI antes do remate do prazo de admisión.
7. Xunto coa postal entregarase un sobre pechado que conteña os datos persoais da persoa participante (nome, apelidos e correo electrónico de contacto).
8. No momento da entrega, cada postal será identificada cun número, que
se asignará en orde de chegada. O número farase constar na parte posterior da
postal e no sobre pechado cos datos persoais.
9. O PRAZO DE ADMISIÓN DAS POSTAIS REMATARÁ O 15 DE DECEMBRO ÁS 14:00
HORAS.
10. As postais presentadas ao concurso expoñeranse nos corredores da EOI e
poderán ser publicadas na páxina web e nas redes socias do centro.
11. Un xurado composto por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
escollerá a postal gañadora, atendendo aos criterios de orixinalidade, creatividade, impacto visual, claridade e
corrección da mensaxe en lingua
galega.
12. A postal gañadora será premiada cun vale de 50 € para unha
librería da cidade.
13. O veredicto do xurado darase a coñecer antes das vacacións de Nadal. O
premio entregarase á volta das vacacións.
14. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario