O Equipo de Dinamización de Lingua Galega da EOI de Ourense participa na tradicional celebración do xantar de magosto na EOI o vindeiro martes, 10 de novembro ás 14.00 horas, coa convocatoria dun concurso de doces elaborados co produto típico desta festa, a castaña. BASES DO II CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON CASTAÑAS 1. Poderá participar todo o alumnado matriculado na EOI Ourense este curso, así como todo o persoal do centro. 2. Cada participante poderá presentar ao concurso un único doce . 3. O doce deberá ser feito na casa (non poderá ser comprado) e un dos seus ingredientes deberán ser as castañas. 4. Os doces presentados a concurso deberán estar listos para degustar, en perfectas condicións de consumo. Prégase empregar recipientes desbotables e que poidan reciclarse. A EOI non se fai responsable de devolver os recipientes entregados. 5. Xunto co doce achegarase a receita escrita en galego , na que aparecerán o nome do doce, os ingredientes, as cantidades e os paso...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións