Dentro das iniciativas que se van poñer en marcha na EOI no eido da promoción da igualdade de xénero, está a de crear un Punto Violeta, un instrumento promovido polo Ministerio de Igualdade para implicar o conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar como persoas voluntarias que colaboren con esta iniciativa.
En que consiste a colaboración?
A colaboración consistiría en doar unha hora do voso tempo para atender este punto. Se se implica moita xente, como sería desexable, a colaboración non tería que ser todas as semanas, senón de forma máis espazada. Unha vez que se teña a información de cantas persoas desexan colaborar, preparase unha planificación para todo o curso.
A colaboración consistiría en:
- Falar coa muller que acuda ao Punto Violeta e proporcionarlle información (teremos á nosa disposición materiais como folletos informativos, contactos de organismos que poden axudala en diferentes ámbitos, etc.).
- Escoitala, se desexa desafogarse un pouco.
- En casos moi extremos, facilitar a chamada ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou aos servizos de emerxencia.
Se hai alguén interesado en coordinar o Punto Violeta, tamén pode indicalo.
Como podo ofrecer a miña colaboración?
Respondendo a este formulario
Moitas grazas pola vosa implicación.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario