Un ano máis, o EDLG da EOI de Ourense convoca o Concurso de Relatos Espantosos, en colaboración con EDLG dos CIFP A Farixa e Portovello. O concurso está aberto a toda a comunidade educativa dos tres centros: alumnado, profesorado e persoal non docente. Le atentamente as bases completas e participa! Podes gañar un vale para unha libraría da cidade.
BASES DO V CONCURSO DE “MICRORRELATOS ESPANTOSOS”
1. O concurso está aberto a toda a comunidade educativa do CIFP A Farixa, do CIFP Portovello e da EOI de Ourense (alumnado, profesorado e persoal non docente).
2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Estarán redactados en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras. A temática estará relacionada coas lendas de Samaín e da Noite de Defuntos.
3. Os relatos presentaranse en formato de texto editable (Word, OpenOffice ou similares).
4. Deberá indicarse claramente o nome completo, os estudos, o curso, o centro educativo e un email de contacto do autor ou autora do relato.
5. Os relatos enviaranse ao correo do EDLG do centro ao que pertence a persoa
participante.
- CIFP A Farixa: dinamizafarixa@farixa.es
- CIFP Portovello: edlg@cifpportovello.es
- EOI: edlg.eoiou@gmail.com
6. A data límite para enviar os relatos será o luns, 27 de outubro de 2025.
7. O EDLG de cada centro realizará unha preselección dun máximo de 5 relatos, que se enviarán aos outros dous centros. Nesta preselección valorarase a corrección e riqueza lingüística, a relación coa temática de Samaín e Defuntos e a creatividade.
8. Establecerase un procedemento de votación pública, aberto a toda a comunidade educativa, a través dun formulario en liña. Cada dous centros votarán conxuntamente para seleccionar o relato gañador do terceiro centro.
9. O proceso de votación rematará o luns 10 de novembro de 2025.
10. As persoas gañadoras recibirán como premio un vale de 30 euros para gastar nunha libraría da cidade, que lles será concedido polo seu propio centro.
11. Os relatos gañadores poderán publicarse nas páxinas web, nas redes sociais e nas bibliotecas dos tres centros participantes.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario