Benvidas ao Curso 2025-2026

 


Comezamos un novo curso e xa estamos a preparar as actividades que imos facer ao longo do ano: celebracións, concursos, conferencias, roteiros... Están todas abertas a calquera persoa da EOI, tanto alumnado como profesorado e persoal non docente, e publicaranse todas aquí e nas redes sociais do centro, para que ninguén quede sen participar.

Ademais, aquí no blog tamén intentamos informar de novas relacionadas coa lingua galega, recursos para aprendela ou practicala, concursos ou eventos organizados por outras institucións, e calquera outra cousa que poida ser de interese para os que nos gustan as linguas e, sobre todo, a galega. Agardamos vervos por aquí!

E se tedes calquera dúbida, comentario ou suxestión, non deixedes de escribirnos:
 edlg.eoiou@gmail.com

FELIZ COMEZO DE CURSO!


Comentarios