Roteiro Os nenos da varíola

 


Despois da estupenda experiencia na Ribeira Sacra o curso pasado, o Club de Lectura e o EDLG organizan un novo roteiro literario. Esta vez será pola fermosa cidade da Coruña, seguindo os pasos das personaxes da obra Os nenos da varíola, de María Solar.  

A data proposta é o sábado 10 de maio e a actividade terá un custe aproximado de 40 euros, dependendo do número de participantes. Inclúe o desprazamento en autobús e o xantar na Coruña. A ruta que seguiremos foi deseñada pola propia escritora para visitar os lugares máis importantes nos que acontece a novela.

Para apuntarte, escanea o código QR e completa os teus datos no formulario canto antes!

Comentarios