A gañadora do Concurso de coplas dos maios de 2024 foi a alumna do departamento de galego Noemi Medela Ojea, que enviou esta copla retranqueira sobre un coñecido político:
Baltar, Baltarín
Ai, Baltar,
Baltarín,
que se te deixan
vas a dous mil.
Ai, Baltar,
galopín,
que de todos te andas a rir.
Liscaches como un foguete
da Deputación, non fora ser que te viran en acción.
Aínda así
marchaches sendo notición, pois os de Zamora metéronche a sanción.
Ai, Baltar,
Baltarín,
que marchaches de Ourense para o senadín.
Ai, Baltar,
galopín,
por favor
non volvas mais aquí.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario