Para celebrar o Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro, o Departamento de Galego e o EDLG organizan "Rosalía sen fronteiras", unha actividade multilingüe que aproveita a pluralidade lingüística do noso centro para espallar a obra de Rosalía polo mundo.
Ao longo desta semana, publicaremos varios poemas de Rosalía traducidos á lingua materna dunha persoa da nosa comunidade educativa. O reto será saber dúas cousiñas:
A que lingua foi traducido o poema de Rosalía?
Cal é o título do poema orixinal?
Vai apuntando as túas ideas, porque ao remate da actividade proporemos un cuestionario. Haberá un agasallo "rosaliano" para a persoa con maior número de acertos!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario