Preto da morte
Por algunha razón, aquela noite a casa estaba chea de
xente.
Eu pensaba que ao avó Antonio xa non lle quedaban amigos
no pobo pero, aquel día, Xosé, Carmen, Adolfo e demais persoas que anos atrás
adoitaban pasar as tardes na nosa finca, viñeron para darlle o último adeus ao
avó.
Era a primeira vez que eu me enfrontaba á morte e, aínda
que todo semellaba normal, nunca olvidarei a estraña sensación que percorreu o
meu corpo estando naquel cuarto. O que non esperaba era que, á mañá seguinte,
ninguén viñera ao enterro.
-Onde está toda esa xente que veu onte á casa?
-pregunteille a mamá.
-Que xente, Iago? Nós estabamos sós.
Petrificado, ollei as tumbas que tiña ao redor. Xosé,
Carmen, Adolfo e tódolos demais estaban alí enterrados dende facía anos.
Efectivamente, no pobo xa non quedaba ninguén vivo. Que foi entón aquilo que
vin na casa?
Cristina Carnero Berjano
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario