Teatro "Made in Galiza"

 



Ademais das linguas, outra cousa que moito nos gusta na EOI é a cultura, en todas as linguas, pero sobre todo... en galego! Así que temos unha estupenda proposta cultural para rematar a semana: 

O Teatro Principal de Ourense presenta Made in Galiza, unha adaptación do libro de Sechu Sende, levada ao escenario pola compañía ourensá Sarabela Teatro, dirixida por Fina Calleja. Unha obra áxil e divertida que te fará reflexionar sobre a lingua, coas magníficas actuacións de Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto. Xoves, venres e sábado ás 21.00 horas. Non on perdas!  

Presentamos “Made in Galiza” unha obra que transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido.
A obra de Sende abre as portas ó humor reflexivo, á poética ó alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.
En “Made in Galiza” podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións, unha palabra común. Tamén grupos de personaxes moi diferentes: un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados, unha vendedora de palabras.




Comentarios