Portada Muda Nº 9


A portada de hoxe corresponde a outra obra clásica da literatura galega, escrita tamén no exilio e moi estreitamente vencellada á nosa cidade. Foi levada ao cine e ao teatro e traducida a varias linguas. Recoñécela? Con esta axudiña, seguro que si...

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. [...] é a obra máis popular e lida de [...]. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que [...] reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. [...] é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de [...] como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor. (Fonte: Editorial Galaxia) 

Comentarios