Concurso literario e artístico Cousas de Castelao

 


Neste Ano Castelao, no que conmemoramos o 75 aniversario da morte do autor, o EDLG convida a toda a comunidade educativa da EOI a inspirarse na súa obra gráfica e participar nun Concurso literario e artístico.

Visitade a exposición de 25 láminas de Castelao nos corredores da EOI e atrevédevos a imitalo! Trátase de crear unha ilustración acompañada dun texto en galego sobre a vida, a actualidade social, política e económica, ou a cultura galega no espírito crítico de Castelao. 

Enviade as vosas creacións en formato pdf a edlg.eoiou@gmail.com antes do 6 de xuño. Podedes gañar un vale de 50 euros para unha libraría local.

Por favor, lede atentamente as bases antes de comezar!

BASES DO CONCURSO CASTELAO


As obras que se expoñen na EOI son cortesía da Fundación Obra Social A Banca. Pode consultarse a súa colección completa de obras de Castelao aquí:

https://coleccion.abanca.com/artist/alfonso-daniel-manuel-rodriguez-castelao/


Comentarios