Volve o Concurso de Microrrelatos Espantosos que organiza o EDLG para celebrar a Noite de Defuntos. Esta vez contamos coa participación do CIFP A Farixa e o CIFP Portovello. Le con atención as bases do concurso e participa:
BASES DO IV CONCURSO DE “MICRORRELATOS ESPANTOSOS”
1. O Concurso está aberto a toda a comunidade educativa do CIFP A Farixa, do CIFP Portovello e da EOI de Ourense (alumnado, profesorado e persoal non docente).
2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Estarán redactados en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras. A temática estará relacionada coas tradicións de Samaín e da noite de Defuntos.
3. Os relatos presentaranse en formato de texto editable (Word, OpenOffice ou similares).
4. Deberá indicarse claramente o nome completo, os estudos, o curso e o centro educativo do autor ou autora do relato.
5. Os relatos enviaranse ao correo do EDLG do centro ao que pertence a persoa participante.
CIFP A Farixa: dinamizafarixa@farixa.es
CIFP Portovello: edlg@cifpportovello.es
EOI Ourense: edlg.eoiou@gmail.com
6. A data límite para enviar os relatos será o mércores, 6 de novembro de 2024.
7. O EDLG de cada centro realizará unha preselección dun máximo de 5 relatos, que se enviarán aos outros dous centros. Nesta preselección valorarase a corrección e riqueza lingüística, a relación coa temática de Samaín e Defuntos e a creatividade.
8. Establecerase un procedemento de votación pública, aberto a toda a comunidade educativa, a través dun formulario en liña. Cada dous centros votarán conxuntamente para seleccionar o relato gañador do terceiro centro.
9. O proceso de votación rematará, como moi tarde, o mércores 20 de novembro de 2024.
10. As persoas gañadoras recibirán como premio un vale de 30 euros para gastar nunha libraría da cidade, que lles será concedido polo seu propio centro.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario