Concurso de postais de Aninovo

 



O Equipo de Actividades Culturais e mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convidan a toda a comunidade educativa da EOI a participar nun concurso de postais para celebrar o Aninovo. 

Deseña unha postal en tamaño A5 cos teus desexos para o 2025 e entrégaa na Consexería da EOI ata o 13 de decembro. Emprega a técnica e o material que prefiras e escribe un mínimo de 50 palabras en calquera lingua das que aprendemos na Escola. Esquece os tópicos e bótalle imaxinación. Non vale "Feliz Aninovo"! 😉

Na parte traseira da postal teñen que constar os teus datos: nome completo, curso e lingua que estudas. Se non te podemos identificar, non podes participar no concurso.

Haberá dous premios: un premio absoluto outorgado polo Equipo de Actividades Culturais para a mellor postal en calquera lingua e un premio adicional outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para a mellor postal en galego

Cada premio será un vale de 30 € para mercar nunha librería local. Entregaranse á volta das vacacións de Nadal. 

Participa e comparte as túas ilusión para o 2025!

Podes consulta as bases completas nesta ligazón:

Bases Concurso de Postais


Comentarios