Portada Muda Nº 7

 


Esta portada é doada de recoñecer... Seguro que viches esta cara na EOI hai só un par de anos, cando lle foi adicado o Día das Letras Galegas. De feito, as traducións da súa obra ás linguas que se aprenden na Escola aínda decoran as portas dos departamentos... Sabes quen é ou precisas unha axudiña?

O volume [...] dá conta da obra poética de [...] e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. [...], que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». (Fonte: Editorial Xerais)

Comentarios