Portada Muda Nº 10


E aquí está a última portad do reto! Rematamos coa obra dunha autora que aínda comeza a súa carreira literaria. Será a máis difícil? Pode ser... Dirémosche que ten título de cartografía internacional, pero a autora é local.  Investiga!

Velaquí este poemario de [...], unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima. Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora [...], un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas… Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas. Unha nova cartografía. Un novo planeta. (Fonte: Editorial Galaxia).

Comentarios