Aínda non rematou o mes da muller!

 


Xa está a piques de rematar o mes de marzo, pero queremos lembrarvos que ata o día 31 aínda podedes participar nas actividades do Día da Muller.
Por unha banda, colaborade no mural "As grandes mulleres das nosas vidas", que se atopa na subida ao primeiro andar. Colocade unha imaxe dunha muller importante para vós e unha pequena dedicatoria en calquera lingua. O EDLG sorteará un vale de 30 euros entre as dedicatorias escritas en galego. 
Por outra banda, tamén podedes axudar a crear unha nube de palabras para o proxecto eTwinning "Rúas con nome de muller". Só hai que premer na seguinte ligazón e escribir a palabra "muller" en calquera lingua: 

https://www.menti.com/al9e99fw3boe/0


Podedes consultar máis información sobre calquera das actividades na web da EOI e nas páxinas anteriores deste blog.


Comentarios