Homenaxeamos as grandes mulleres das nosas vidas!

 


No mes da muller, o EDLG e todos os departamentos da EOI convídante a celebrar as grandes mulleres da túa vida. Non precisan ser famosas, só importantes para ti. Colga unha imaxe e unha pequena dedicatoria no mural de cor violeta que atoparás na subida ao primeiro andar da EOI, para que todas saibamos quen é e por que merece esta homenaxe. 

A imaxe pode ser unha fotografía, un debuxo, un collage ou calquera outro tipo de representación artística. A dedicatoria será curtiña: non máis de 50 palabras. Podes escribila en calquera lingua da EOI, pero escribir en galego ten premio! O EDLG sorteará un vale de 30 euros para unha librería da cidade entre todas as dedicatorias escritas en galego. Por iso é fundamental que inclúas o teu nome e a lingua que estudas.

As imaxes e as dedicatorias estarán expostas ao longo de todo o mes de marzo para lembrarnos que a loita pola igualdade continúa. Se queres, podes subilas tamén ás túas redes sociais e etiquetar a EOI para darlle aínda máis visibilidade. 





Comentarios