Proxecto eTwinning: Rúas con nome de muller

 


Dende os departamentos de alemán e inglés queremos convidarvos a colaborar no noso proxecto eTwinning dunha forma sinxela.

O proxecto trata sobre mulleres que deron nome ás rúas das nosas cidades, e participan tamén escolas de Italia, Polonia e Croacia. Queremos que nos axudedes a crear unha nube de palabras coa palabra muller nos distintos idiomas que impartimos na esola, ou noutros que coñezades. Só leva 2 minutos! A actividade estará aberta ata o 24 de marzo

Entra aquí desde o móbil ou o ordenador e escribe a palabra muller na lingua que ti queiras. Podes enviar máis de unha!


Podes ver o resultado aquí:






Comentarios