Celebra o amor pola lingua!

 


Neste día de San Valentín, a Xunta convoca unha nova edición de #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor dirixido a persoas de entre 14 e 35 anos. 

As mensaxes estarán escritas en lingua galega, tanto en prosa como en verso. A extensión máxima varía entre 350 caracteres e 200 caracteres, dependendo da categoría. Cada participante pode enviar un máximo de dúas mensaxes, antes do 17 de marzo.

Para poder enviar as mensaxes é preciso rexistrarse na páxina do concurso:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Podes consultar as categorías, os premios e toda a información sobre como participar no Portal da Lingua Galega:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0169/lingua-namorar-2023

Namórate do galego!

Comentarios