Grazas pola solidariedade!

 



Feliz Ano Novo e millóns de grazas polo voso apoio á campaña solidaria do EDLG. Vendéronse 200 bolsas e recadáronse 550 euros, que xa foron entregados ao Banco de Alimentos. Non pode haber mellor maneira de comezar o ano. Agardamos que veña cargadiño de ilusión e cousas boas!

O pasado martes, 2 de xaneiro, a directora da EOI, Nancy Casielles, e dúas profesoras que forman parte do EDLG, Lucía Gil e Sandra Sanmiguel, entregaron persoalmente o donativo recadado a Cecilio Santalices, Presidente do Banco de Alimentos de Ourense.



Comentarios