Panel 1. INTRODUCIÓN. Co século XXI e a chegada de Internet e as facilidades de gravación e difusión, a música cantada en galega abriuse a estilos musicais que antes non empregaba.
Panel 2. SER UNHA MESMA – CANCIÓN DE AUTORÍA. Propostas onde o selo de seu, onde a figura da vocalista-compositora é máis protagonista.
Paneis 3 e 4. POP-ROCK. Dentro do pop-rock as bandas son moitas; unhas máis orixinais ou alternativas e outras máis clásicas, pero todas enchidas da electricidade das guitarras, o baixo e a batería marcando o ritmo …
Panel 5. MÚSICAS URBANAS, ELECTRÓNICA, EXPERIMENTACIÓN. Sons argallados coas posibilidades das computadoras, sintetizadores e outros trebellos.
Panel 6. RAP / HIP HOP. Se pensamos na palabra, en mensaxes e discursos con rima, en retórica, coincidiremos en que o rap é o recurso estilístico por excelencia. En galego tamén.
Paneis 7 e 8. Máis TRADI… ou menos TRADI. Con artistas ás veces máis fieis á tradición e outras a darlle unha volta, o noso país é referente en música tradicional, de seu, propia.
Panel 9. SE ISTO NON SE AMAÑA, CAÑA, CAÑA, CAÑA. Letras con compromiso político e crítica social unida ao punk, rock duro, metal, heavy…
Panel 10. MESTIZAXE / RITMOS DO MUNDO. Os máis habituais pop e rock fúndense con ritmos xurdidos noutras parte do mundo: ska, funk, disco, cumbia, reggae, kletzmer…
Panel 11. INFANTIL E FAMILIAR. Un feixe de proxectos para cantarmos letras divertidas e sensíbeis en familia sen descoidar a calidade e diversidade musical.
Panel 12. XUNTAS e REVOLTAS. E HUMOR. Os discos recompilatorios e tributos son outra fonte de cancións en galego e o humor tamén está presente en varias propostas.
Panel 13. SINGULARES / ÁS VECES. Non podemos esquecer traballos punctuais ou particulares e as artistas que de cando en vez gravan na nosa lingua.
Panel 14. CONCLUSIÓN E RECURSOS. Animámoste a consumir máis música en galego e propoñemos lugares de encontro para atopala.
Paneis Pontevedra. Directorio de recursos da administración local (de formación e de práctica) a disposición da cidadanía e sumario dos eventos culturais (de iniciativa pública e privada) máis importantes que se celebran no municipio e que teñen na música popular contemporánea un dos seus eixos.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario