Venda solidaria de Nadal

 




Lembrades aquelas camisetas tan chulas que vendemos o Nadal pasado? Coa colaboración do alumnado e persoal da EOI recadamos 493,80 euros para o Banco de Alimentos. Non estivo nada mal!

Por iso, este curso queremos repetir. Imos vender unha práctica bolsa de algodón (por un prezo máis reducido ca o das camisetas, que ben sabemos como anda a economía!) e podes axudarnos a deseñala.

Entra no Padlet e escribe a palabra (ou palabras) que che gustaría imprimir na bolsa. Para comezar a escribir só tes que premer no botón amarelo. 

Temos que facelo axiña para ter tempo suficiente para imprimir as bolsas e vendelas antes das vacacións de Nadal, así que o prazo remata xa este xoves, 1 de decembro. Colabora!


Feito con Padlet

Comentarios