O Consello da Cultura Galega celebrou este xoves, 20 de outubro, a XXIV edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, titulados "Arte e lingua como ferramentas de construción masiva."
Creadores tan coñecidos como Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre moitos outros, debateron sobre o poder das artes como unha ferramenta importante para a normalización do idioma.
A xornada foi transmitida en directo polo web e as redes sociais do CCG. Podes consultar toda a documentación e ver os videos nesta ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario