A tradutora María Alonso Seisdedos vén de recibir o Premio Plácido Castro de Tradución ao Galego, que outorga a Fundación Plácido Castro.
A obra premiada é unha tradución do catalán: Canto jo i la muntanya balla/Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. O xurado salientou o valor da novela, "de aparencia sinxela pero de construción complexa, con pluralidade de voces narrativas, que sinala unha perfecta adaptación dos rexistros da lingua de orixe, reflectindo a súa oralidade con altas doses de precisión." Así mesmo, destaca que logra manter o ritmo da narración respectando a atípica puntuación do orixinal.
María Alonso Seisdedos traduce do inglés, alemán, castelán e catalán. Ten publicado máis de 40 traducións ao galego dende 1980. En 2014 recibiu o Premio Nacional á mellor tradución e tamén obtivo o Premio Xela Arias.
Esta é a vixésima edición do O Premio Plácido Castro de Tradución, destinado a promover a creación de versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal.
E falando de traducións, xa coñeces a Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego?
Consúlta todas as obras traducidas aquí: BiVir.com
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario