Grazas por compartir libros!


Grazas a todas as profes, alumnas e alumnos da EOI que vos animastes a participar no noso Flipgrid do Día do Libro. Foi un pracer escoitar as vosas recomendacións e as vosas lecturas! Como o prometido é débeda, realizouse o sorteo entre as persoas que escolleron ler unha obra en galego e a gañadora do vale de 30 euros para unha libraría local foi Isabel Salanova. Moitos parabéns para ela e moitas boas lecturas para todas nós!




Comentarios