Yolanda Rodríguez Gómez, gañadora do concurso literario "Galicia Infinda"



A gañadora do concurso literario "Galicia Infinda", convocado polo EDLG en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, foi a alumna  de galego Yolanda Rodríguez Gómez, co seu texto A miña boneca negra. Velaquí o texto e a imaxe que o acompaña:


A MIÑA BONECA NEGRA

A miña boneca negra, non ten nome. Regaláronma os ‘reis de Iberia’ (meu pai traballaba alí) e veu de Barcelona comigo. Aínda que non foi protagonista das miñas historias, sempre estivo nos meus cuartos.

Dende que teño uso de razón, Barcelona e a boneca foron protagonistas das sobremesas da casa. Ao falarmos da miña negriña, eu acendíame de lembranzas do corredor autoestrada para triciclos, da cadeira de raíña, das sesións interminables de médicos, mestras e exploradoras. Mentres, a miña nai iluminaba a cociña mirando para min, pero sempre cuberta de nubes de morriña por unha cidade acolledora, semente do seu presente.

Porén, a cara do meu pai tinguíanse dunha sombra que o remontaba a lembranzas da súa irmá máis vella nomeada nai de irmáns e cuñados por unha terra que lles era estraña, dos traballos que sufrira ata entrar na ‘compañía’ (a súa analoxía para Iberia) traballando quendas de doce ou catorce horas. Aínda hoxe o seu peito laia ao viaxar a un tempo que para el foi realmente feliz, ceando filloas da súa nai, compartindo a cama cos seus tres irmáns e a calor do fogar cando separaron as cortes dos cuartos. Os refráns do seu avó ou as mazás roubadas, avivecen sempre un minúsculo sorriso de ledicia infantil na súa face case nonaxenaria.

Cando miro a miña boneca negra vexo os ollos do meu pai asolagados pola vida e a morriña doutros tempos da miña nai. Pregúntome se eles ven o meu corredor autoestrada para triciclos algunha vez.




Texto e imaxe: YOLANDA RODRÍGUEZ GÓMEZ

Comentarios