Concurso Literario Galicia Infinda

LETRAS GALEGAS 2022
Concurso Literario Galicia Infinda

Fotografía de Alberto Martí, Consello da Cultura Galega

Galicia Infinda é o poema que abre e dá título á obra máis coñecida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2022. Os versos son un canto á emigración:

Polo mundo espallados
van os netos dos celtas.
Dende a austral Buenos Aires
á parroquia labrega;
do New-York boligante
ás indianas ribeiras;
da pelica de touro
ata a China de lénda...

[le o poema completo]

Por iso, o Departamento de Galego e o EDLG convídante a enviarnos o teu relato da emigración. Quen de nós non ten, ou tivo, unha persoa achegada na emigración? Gardas algún obxecto que che lembre esa persoa ou ese lugar? Pode ser unha fotografía, unha carta, un documento, un agasallo que che enviou, algo que trouxo cando retornou…  

Escribe un texto breve (máximo 250 palabras), en galego, no que contes a historia dese obxecto e, por tanto, da persoa coa que está relacionado. Se podes, inclúe unha fotografía.

Envía o texto e a fotografía ao correo electrónico do EDLG (edlg.eoiou@gmail.com) antes do martes, 24 de maio, indicando os teus datos persoais e a lingua e curso que estudas na EOI.  A persoa gañadora recibirá un vale de 30 € para unha libraría local.



 

 

Comentarios