Grazas pola maxia!

 


Moitas grazas a Iria Azevedo e Miguel Granero pola súa fantástica actuación na EOI o pasado mércores. A maxia do espectáculo logrou transformar o noso salón de actos nun garito nocturno e lembrounos o pracer da cultura en directo, ao mesmo tempo que lanzaba unha potente mensaxe sobre as relacións tóxicas e a capacidade para rexurdir delas. Velaquí un anaquiño do espectáculo:





Comentarios