Gústache debuxar? Fas garabatos nas beiras do caderno mentres a profe explica? Non os agoches máis! Pon a túa creatividade a traballar para o Equipo de Dinamización Lingüística da EOI e deséñanos un logo.
Serás quen de enxeñar unha imaxe que nos represente, para que podamos empregala nos nosos documentos, na publicidade das actividades, na web da EOI e mesmo neste blog? Seguro que si!
Consulta aquí as bases do concurso e non perdas un minuto. Tes ata o 31 de marzo. Podes gañar un premio por valor de 100 euros. Paga a pena intentalo!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario