Remata o concurso de microrrelatos

 



Hoxe remata o concurso de microrrelatos espantosos. Moitas grazas a todas as persoas que participastes en calquera das modalidades do concurso, en galego, en inglés ou en ámbalas dúas linguas, e ás que estades a rematar esa obra literaria... Aínda quedan unhas horas! 

Os nomes das persoas gañadoras publicaranse axiña aquí, na web da EOI e nos corredores do centro. Tamén publicaremos os relatos participantes, para que gocedes dunha terrorífica lectura. 

Mentres agardamos, na seguinte ligazón podedes ler os microrrelatos gañadores do IV concurso organizado este ano pola Real Academia Galega:

IV Concurso de microrrelatos



Comentarios