Desde Xela para o mundo: Xela en xaponés



 


Presentamos a homenaxe da EOI de Ourense á Xela Arias. Como ben sabedes, ademais de poeta e escritora, Xela Arias era tradutora e traduciu textos desde o portugués, o italiano, o francés, o castelán, o inglés e o neerlandés. Por iso, agora o Departamento de Galego e o EDLG, coa colaboración do profesorado e do alumnado da EOI, queremos facer o mesmo e traducir un dos seus poemas a todas as linguas da EOI.

Escollemos un poema do libro Darío a diario, que Xela escribiu no ano 1996, despois de nacer o seu fillo, Darío, e iremos publicando a súa tradución ás distintas linguas. Para comezar, Xela en xaponés:


Moitas grazas a Masakazu Shida, alumno do departamento de galego, pola súa colaboración. Consulta aquí a tradución en formato pdf.

Comentarios