Desde Xela para o mundo: Xela en alemán

 


Seguimos coa nosa homenaxe a Xela Arias, poeta e tradutora. Esta é a terceira entrega dunha serie de traducións dun poema de Xela Arias ás linguas que se imparten na EOI. Hoxe, Xela en alemán.



Moitas grazas a Treve, profesor do departamento de alemán, pola súa colaboración. Consulta aquí a tradución en formato pdf.

E aínda non rematamos! Axiña chegarán as traducións ao italiano, ao francés, ao inglés e ao español. 

Para coñecer mellor o traballo de Xela Arias como editora e tradutora, podes ver o seguinte vídeo, o capítulo 2 da serie documental "Xela Arias. A palabra esgazada," producida pola Real Academia Galega.


Comentarios