21 de Febreiro: Día Internacional da Lingua Materna

 


Cada día 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna, aprobado pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1999. Esta celebración salienta a importancia de conservar a diversidade lingüística e cultural, cada vez máis ameazada: cada dúas semanas desparece unha lingua do mundo, levando consigo todo o seu patrimonio cultural e intelectual.

Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, describe así o tema desta edición: 

“Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e na sociedade” invítanos a apoiar o multilingüismo e o uso das linguas maternas, tanto na escola como na vida cotiá. Trátase dunha cuestión esencial, porque, a escala mundial, o 40% das persoas non teñen acceso á educación na lingua que mellor falan ou entenden, o que dificulta tanto a súa aprendizaxe como o seu acceso ao patrimonio e ás expresións culturais. Este ano préstase especial atención á educación multilingüe desde a primeira infancia, co obxeto de que a lingua materna sexa sempre unha vantaxe para os nenos."

Podes ler máis sobre isto aquí:

UNESCO: Día Internacional da Lingua Materna





Por outra banda, a Real Academia Galega súmase á celebración deste día coa publicación de "Xeliña fala galego", un relato escrito por Valentín Arias López no ano 1968. Nesta obra, o pai de Xela Arias, a poeta homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, narra a experiencia da súa filla como nena criada en galego, a pesar dos prexuízos da época, e defende as vantaxes do multilingüismo, porque "é ben sabido que é máis doado aprender unha nova lingua cantas máis linguas se coñecen." Le o relato completo aquí: 

Xeliña fala galego





E para achegar este día aos máis cativos, Baobab Teatro presenta Puño Puñete, unha colección de rimas, cantigas en contos que se emitirá en directo desde a Cidade da Cultura o día 21 de febreiro a partir das 11.00. Podes velo aquí:

Puño, puñete, de Baobab Teatro



Comentarios