O EDLG da EOI de Ourense organiza o concurso de Fraseoloxía e Imaxe de Outono. Queres participar? Isto é o que tes que facer:
1. Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto ou o outono en xeral.
2. Ilustra a frase cun debuxo, unha fotografía ou unha imaxe dixital orixinal.
3. Investiga se hai unha expresión equivalente ou similar noutra lingua que estudes na EOI. Se a atopas, inclúea!
4. Envíanos o teu traballo a este enderezo:
Tes ata o 1 de decembro!
Os traballos enviados publicaranse no blog e na páxina web da EOI.
Escolleranse tres traballos gañadores, que serán premiados con vales por valor de 20 euros para cambiar nunha librería da cidade de Ourense.
Participa!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario