Xa temos noticia gañadora do Concurso Literario organizado polo EDLG con motivo do Día das Letras Galegas. Parabéns á xornalista gañadora e moitas grazas a todas as persoas que participaron. Begoña Caamaño estaría orgullosa do seu traballo!
Nacen "Os Bros da Fala": a nova vangarda que sitúa a Galicia como potencia mundial
SANTIAGO – O Pazo de San Roque de Santiago de Compostela
acolleu este 17 de maio a presentación oficial dos Bros da Fala, o colectivo de
"galingüistas" e líderes da Galosfera que está a transformar a
realidade do país. O acto centrouse nunha emotiva homenaxe á figura de Begoña
Caamaño, cuxo legado definiron como o motor principal do cambio xeracional.
Durante o seu discurso, o grupo destacou que obras como
Circe ou o pracer do azul foron fundamentais para construír un novo modelo de
relacións entre a mocidade. Así mesmo, sinalaron que a defensa de figuras como
Morgana, como símbolo da muller que reclama o seu espazo e voz, deu os seus
froitos: Galicia consolídase hoxe como a primeira potencia mundial en cultura,
economía sostible e innovación, xa que son miles de mulleres galegas as que
ocupan, por fin, os postos de alta responsabilidade no país.
Grazas á inxente produción audiovisual e literaria desta
nova fornada de creadores e creadoras que son Os Bros da Fala, o galego sitúase
hoxe como a lingua maioritaria, liderando un proxecto de futuro que une
identidade e vangarda.
).jpg)
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario