O Club de conversa en galego reúnese de novo o vindeiro mércores, 4 de febreiro ás 19.00 horas na cociña.
Esta vez imos xogar ao Porquelandia. Non che gustaría saber por que se apuntou o morcego a clases de twerking? Pois esta é a túa oportunidade!
Lembra que pode participar calquera persoa da EOI, tanto alumnado como persoal, e que só é preciso querer falar galego, sexa cal sexa o nivel.
Anímate e anima ao resto. Xa sabes que sempre hai un cafeciño e algo doce para petiscar ;)

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario