Comeza o ano de Begoña Caamaño

 


Co comezo do ano, a Real Academia Galega inaugurou na súa web o espazo dedicado a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), a autora á que lle dedica o Día das Letras Galegas 2026:

https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano

A sección abre cunha artigo do Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, que destaca que este tributo 

... contribuirá á merecida difusión popular da súa exemplar traxectoria como periodista defensora da información veraz —en tempos en que a comunicación social está intoxicada pola divulgación de loias que espallan o odio, a intolerancia e a confusión— e da súa soberbia achega á literatura galega, pondo o foco na fundamental achega feminina ao seu pulo. 

Así mesmo, podemos ler unha biografía da autora asinada pola académica Ana Romaní e ver unha selección de fotos procedentes do arquivo de Begoña Caamaño. A sección irase nutrindo con novos contidos nos vindeiros meses, así que non deixes de consultala. 

Comentarios