Exposición Cousas de Castelao

 


Como vai o comezo das clases? Xa deches unha volta polos corredores da Escola? E viches a exposición "Cousas de Castelao"? Esta é unha das actividades que organizou o EDLG no curso 2024-2025 para conmemorar o Ano Castelao. Nas escaleiras de subida ao primeiro e ao segundo andar poderás ver reproducións de láminas de Castelao, así como a lámina gañadora do concurso, deseñada por unha alumna da Escola. Paga a pena! Vaite preparando, que orgaizaremos moitas actividades máis ao longo do curso. Agardamos que participes!

Comentarios