Comezamos o curso con bo pé!

 


A Coordinación de Benestar, o Club de Actividades Ecolóxicas e o EDLG propoñen unha actividade para comezar o curso con bo pé... literalmente!

Este sábado 20 de setembro, o profesorado e persoal non docente da EOI está convidado a participar na andaina "Ruta dos Zapateiros", que parte do Museo dos Zapateiros en Vilanova dos Infantes e percorre 17 quilómetros por camiños e carreiros ata chegar a Allariz. É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños de Vilanova dos Infantes, cerquiña de Celanova, para recuperar a ruta que facían a pé os membros do gremio de zapateiros de Vilanova cando ían a Allariz mercar coiro para confeccionar os zapatos.

É unha oportunidade estupenda para compartir unha mañá de convivencia, exercicio, natureza e cultura e comezar o novo curso con bo ánimo!

Comentarios