Derradeira sesión do Club de Conversa en Galego

 








Pois si, o tempo foxe! Xa case rematamos o curso. Esta tarde reunirémonos por última vez na cociña da EOI para tomar un café e darlle un repasiño a este curso. E tamén para falar do verán, claro, que xa logo chega!

Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a estas conversas informais ao longo do curso. Foi un pracer compartir experiencias, risas e lingua con vós. Agardamos vervos de novo o curso que vén!

Comentarios