Este mércores é o primeiro mércores de febreiro e iso quere dicir que hai reunión do club de conversa! Despois do paso de Herminia e Ivo, de que imos falar máis ca do tempo! Ademais, o 2 de febreiro celebramos a Candeloria, e xa sabedes o que di o refrán:
Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.
Que mellor escusa para pasar un ratiño agradable falando galego? Achégate á cociña da EOI o mércores 5 de febreiro de 17.00 a 18.00 horas. Non importa se falas moi ben ou se estás a aprender, o importante é que veñas!
Podes ver este vídeo de Magín Blanco para aprender vocabulario sobre o tempo en galego
Ou escoitar estas recomendacións do programa Dígocho eu!
Ou achegarte ao Portal das Paabras para saber máis sobre a Candeloria:
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario