Mmmmm.... Xa cheira a castañas asadas! Na EOI tamén imos celebrar o magosto. Será o xoves, 7 de novembro, a partir das 14.00 horas. Se o tempo acompaña, xuntarémonos no xardín da Escola para xantar: chourizos, empanada, tortilla, bica e, como non, castañas asadas! Se chove, será na cociña. E despois, para queimar calorías, haberá un obradoiro de baile tradicional galego impartido por un profesor da Escola Provincial de Danza! Anímaste? Apúntate na Conserxería ata o día 4 de novembro. Só son 5€.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario