Rosalía sen fronteiras... tamén nas Letras Galegas!

 



Agora que se achega o Día das Letras Galegas, publicamos esta compilación dos poemas de Rosalía de Castro traducidos por alumnado e persoal da EOI ás súas linguas maternas. 

As traducións xa se publicaron individualmente para conmemorar o Día de Rosalía, pero aquí aparecen todas xuntas, coas gravacións e os poemas orixinais en galego. Só hai que premer en "comezar".

Moitas grazas a todo o alumnado e persoal que participou tan xenerosamente e, sobre todo, grazas Cristina Taboada, profesora do Departamento de Galego, por coordinalo!


Comentarios