Moitos parabéns a Elena García Lorenzo, alumna do departamento de italiano, que vén de gañar o concurso literario organizado polo EDLG en homenaxe a Luísa Villalta.
Este é o evocador texto que nos enviou:
Os meus dediños
xogan co reflexo do sol na auga fría do río, fago emerxer cada dedo, rompendo a
superficie da auga mentres vixío algúns peixes pequenos que nadan preto de min,
e desexo ser un peixe eu tamén, un pequechiño para agocharme entre as pedras e
arremuiñarme nas plantas da ribeira somerxidas na auga do Arenteiro. Os outros
nenos levan fanequeiras no río, pero a min gústame a sensación suave do aloumiño
das pedras nos pés, aínda que me de medo non ver o fondo por se algo quere
levarme nas augas, será certo eso que din as lendas dos seres que habitan nos
ríos? Unha lavandeira poúsase nunha pedra co seu incesante vaivén, nunha pedra
afastada de tanto alboroto infantil na parte onde é máis escura a auga, a auga
que rodea unha das pilastras da ponte que leva á piscifactoría, alí onde só van
os maiores.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario