Concurso Literario Letras Galegas 2024

 


Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado á escritora Luísa Villalta, o EDLG convoca un concurso literario no que pode participar todo o alumnado e persoal da EOI. As bases son sinxelas:

- Escolle prosa, poesía ou teatro (como Luísa Villalta).
- Escribe sobre o teu barrio, vila ou cidade de nacemento (Luísa escribiu moito sobre a súa cidade, A Coruña)
- Non sumes máis de 150 palabras.
- Envía o texto ao correo do EDLG (edlg.eoiou@gmail.com) antes do venres 24 de maio.
- Non esquezas incluír o teu nome, a lingua que estudas e o curso. Se ganas pero non te identificaches, non poderemos entregarche o premio!
- O premio é un vale de 30 € para unha librería local.
- O texto gañador será seleccionado polas profes que forman parte do EDLG.

Escribe as túas letras galegas!




Comentarios