Foto de Entroido na EOI

 


Chegou o Entroido á EOI! Participade no "photocall" de Entroido situado no primeiro andar da Escola. 

Podedes facer fotos individuais ou en grupo, con profe ou sen profe, o importante é que sexan divertidas. Alí xa hai algúns complementos para disfrazarse, pero podedes traer perrucas, gafas, sombreiros ou disfraces da casa.

Despois escaneade o código QR e subide a foto ao padlet. Hai que engadir unha frase sinxeliña, en galego, sobre o Entroido, como "A mellor festa do mundo!", "O grupo 1 de B2 de inglés deséxavos un feliz Entroido", ou algo así. E non esquezades nome, grupo e lingua, para podervos identificar. Sortearemos un agasallo!

Lembrade que as fotos se van publicar na web da EOI, así que se alguén non quere saír, que se disfrace moi ben ou que non se poña para a foto!

Aquí vai tamén a ligazón ao padlet:



BO ENTROIDO!

Comentarios