IV Concurso de Fraseoloxía e Imaxe "Castaña de Ouro"

 



Volve o noso famoso concurso de outono "Castaña de Ouro". Non o coñeces? Pois xa imos pola IV edición! Convidámoste a pensar nun refrán galego que faga referencia a esta fermosa época do ano e ilustralo cunha fotografía orixinal. Explica o significado do refrán, engade un refrán equivalente nunha das linguas que se estudan na EOI (ou unha tradución literal) e manda todo ao email do EDLG: edlg.eoiou@gmail.com antes do 1 de decembro. Podes gañar un vale de 30 € para unha librería local. 

Aquí están as bases completas:



Tamén podes consultalas aquí.

Comentarios