Únete ao Club de conversa en galego!

 


O curso pasado, por iniciativa do alumnado, naceu o Club de conversa en galego da EOI. O Club reuníase unha vez á semana cun obxectivo sinxelo: falar galego! Para algunhas das persoas participantes, era unha oportunidade de poñer en práctica o que aprendían na clase de galego; para outras, unha maneira de retomar o contacto coa lingua, e para todas, un momento de desconexión e mesmo de divertimento.

Este curso queremos abrir de novo as portas do Club de conversa en galego a toda a comunidade educativa. Se queres participar, responde a seguinte enquisa e dinos que horario che gustaría. Ademais, queremos poñerlle un nome ben chulo ao Club: O Faladoiro, Falar por falar, Dálle á lingua, Tíralle da lingua... Que nome se che ocorre a ti? Dínolo na enquisa e participarás no sorteo dun agasallo.


Comentarios